A praia de Alba ou praia de Sabón está situada no concello de Arteixo, en pleno polígono de Sabón. Ao seu carón estase a construír o porto exterior da Coruña en Punta Langosteira.
A praia pecha o polígono de Sabón cara ao océano. Nos seus extremos desemboca o río Arteixo e o encoro de Rosadoiro xunto ao cal está a Central térmica de Sabón. A praia ten paseo peonil e para bicicletas, aparcadoiro e servizo de vixilancia en verán.