O powerviolence (ás veces escrito como power violence) é un subxénero caótico e rápido do hardcore punk que está intimamente relacionado co thrashcore e o grindcore. En contraste co grindcore, que é un "crossover" que contén aspectos musicais do heavy metal, o powerviolence é só un aumento das calidades máis desafiantes do hardcore punk. Como os seus antecesores, adoita ter unha carga sociopolÃtica e iconoclasta.
Historia
Siege son considerados os pioneiros do powerviolence,[1] e ademais, considérase que Infest tivo un grande impacto inicial no estilo.[2] O microxénero solidificouse na súa forma comunmente recoñecida a principios dos anos 90. Os seus mellores exemplos son bandas como Man Is the Bastard, Crossed Out, Neanderthal, No Comment e Capitalist Casualties. Os grupos de powerviolence inspiráronse en Siege, Hüsker Dü, SSD, Deep Wound, Neon Christ, Hirax, Impact Unit, Dirty Rotten Imbeciles, Negative FX e Corrosion of Conformity.
O selo discográfico Slap-a-Ham Records, do vocalista e baixista de Spazz Chris Dodge, foi un elemento fixo durante o rápido ascenso e declive do powerviolence, publicando influÃntes discos de Neanderthal, No Comment, Crossed Out, Infest, Slight Slappers e Spazz.[3] A "Fiesta Grande" do selo foi un festival anual de powerviolence celebrado no 924 Gilman de 1993 a 2000. O selo 625 Thrashcore (fundado polo baterÃa de Spazz Max Ward) iniciou un festival de temática semellante en 2003, chamado Super Sabado Gigante.
AÃnda que o powerviolence está intimamente relacionado co thrashcore (moitas veces denominado simplemente "thrash"), é marcadamente diferente do thrash metal tanto no son como no enfoque.
Notas