A illa presenta unha árida paisaxe lunar de gran beleza, o seu clima mantense seco e estable case todo o ano, polo que é posible bañarse nas súas tépedas augas todo o ano, a illa está salpicada por muíños de vento.
Ademais da súa praia outro punto de interese é o Pico do Castelo, en cuxa cima foi construída unha pequena fortaleza, no século XVII, para facer fronte ás frecuentes invasións dos piratas.
A viaxe entre Madeira e Porto Santo pódese facer en avión desde o aeroporto Internacional de Madeira ao Aeroporto de Porto Santo, tamén en barco desde o porto de Funchal ata Porto Santo.