A Porte d'Italie é unha das portas de entrada a París, a capital de Francia.
Localización e acceso
A Porte d'Italie está situada no 13º distrito, no cruzamento de Avenue d'Italie, o Boulevard Masséna, a Avenue de la Porte-d'Italie e o Boulevard Kellermann, fronte ao Kremlin-Bicêtre.
As liñas que serven a Porte d'Italia son a 7 de metro e 3a de tranvía na estación Porte d'Italia. En xuño de abriuse a estación Maison Blanche da liña 14 na súa proximidade.
Orixe do nome
A Porte d'Italie é o punto de partida da estrada nacional 7 que une París con Italia, de aí o seu nome.
Historia
A Porte d'Italie é unha das portas do recinto de Thiers, unha muralla que cercaba París e que se levantou entre 1841 e 1844 para evitar que a capital de Francia caese facilmente nas mans de exércitos estranxeiros[1] como acontecera en 1814. Concretamente, sitúase entre os bastións números 87 e 88. A finais do século XIX quedou obsoleta, e nos primeiros anos do século XX a zona encheuse de casoupas dos traballadores inmigrantes procedentes do rural. En 1919 decidiuse derruír a muralla[2]. Ao longo de todo o recinto nas antigas portas, e tamén na Porte d'Italie[3], e no espazo que quedara libre encheuse de máis construcións precarias. Durante a liberación de París ao final da Segunda Guerra Mundial, ademais da Porte d'Orléans, foi por esta porta onde algúns dos primeiros elementos da Segunda División Blindada entraron en París[4] o 24 de agosto de 1944: o primeiro francés libre en entrar na capital foi o capitán Raymond Dronne, coa súa 9ª compañía, a Nueve (rexemento de marcha do Chad ).
Edificios notables e lugares de memoria
A Porte d'Italie está situada á beira do barrio asiático e do barrio de Maison-Blanche. Varias grandes cadeas hoteleiras están situadas na Porte d'Italie, no lado do Kremlin-Bicêtre, e a zona tamén acolle concesionarios de automóbiles.
Porte d'Italie na década de 1910. Fotografías de Eugène Atget
Notas
↑Bacha, Myriam (1999). Le 14 arrondissement : itinéraires d'histoire et d'architecture. FeniXX. p. 32.
↑Lepage, Jean-Denis, G. G. (2015). The Fortifications of Paris: An Illustrated History. McFarland. p. 235.
↑Andrée Dore-Audibert, Annie Morzelle (1988). Irène de Lipkowski: Le combat humaniste d'une française du XXe siècle. Siloë. p. 86.