A ponte dos Santos, inaugurada o 29 de xullo de 1987, cruza a ría de Ribadeo, unindo Asturias e Galicia pola costa. Inicialmente foi construída para soportar a amplitude dunha estrada normal, pero no 2008 foi inaugurada (1 de outubro de 2008) a ampliación que consistiu en adecuala para un desdobramento de calzada para soportar o paso dunha autovía (A-8).
A actividade marítima viuse variada pola construción da ponte dos Santos, afectando á reconversión das lanchas de pasaxe para paseos turísticos ou limitando a altura dos navíos construídos nos estaleiros.[1]
Homenaxes
O 4 de maio de 2013 Correos emitiu un selo cun valor facial de dous euros coa imaxe da ponte[2].