A ponte Vella, tamén coñecida como ponte romana, é unha ponte que cruza o río Cabe no casco urbano de Monforte de Lemos, na provincia de Lugo.
Historia
Segundo a tradición, as súas orixes remóntanse á época romano. A ponte actual foi construída por Pedro Rodríguez de Ramberde no século XVI[1] por orde de Catalina de la Cerda y Sandoval, VII Condesa de Lemos, viúva de Pedro Fernández de Castro y Andrade.
Descrición
É unha ponte de pedra granítica formado por seis arcos semicirculares, dous deles cubertos en reformas posteriores, e con alicerces apoiados sobre contrafortes. Nos arcos centrais pódense ler varias marcas do canteiro. O firme é de lastras e está aberto ao tráfico rodado nun único sentido da marcha, aínda que está en proxecto a súa peonalización.[2]
A ponte recibe o nome de “vello” en contraposición a outra ponte importante da cidade construída no século pasado e coñecida como Ponte Nova. Desde ela, pódese acceder aos paseos fluviais das ribeiras do Cabe.
Notas