O epíteto específico, versicolor, Olivier tomouno do adxectivo do latín clásicovesicolor, -ōris, "de varias cores", en alusión á coloración deste animal.
Sinónimos
Ademais e polo nome actualmente válido, a especie coñeceuse tamén polos sinónimos:[1]
Polistes versicolor versicolor esténdese desde Costa Rica até o Brasil.[5]
Bioloxía
Polistes versicolor é unha avespa eusocial. O seu niño, feito de fibras vexetais mastigadas, é normalmente dun único favo descuberto unido ao substrato por un só pecíolo.[6] Esta avespa atópase frecuentemente en zonas urbanas. Os novos niños e colonias adoitan seren fundados por unha asociación de femias, ás veces en edificios humanos.[7] O ciclo da colonia de P. versicolor oscila entre os 3 e os 10 meses, aínda que non parece haber ningunha relación entre o desenvolvemento da colonia e a estación do ano. Aínda que estas avespas teñen claros ciclos anuais de colonia, moitas raíñas novas teñen a oportunidade de hibernar.[6] As xerarquías de dominio dentro destas agregacións caracterízanse pola agresión física das femias dominantes cara ás femias asociadas, que tenden a ser irmás.[8] Os movementos tamén se usan a miúdo como forma de comunicación dentro da colonia.[9]P. versicolor é xeralmente depredadora, e captura unha ampla gama de insectos, aínda que a miúdo tamén se alimenta de pole e néctar.[10] Polo tanto, P. versicolor pode ser útil como polinizadora ou como controladora efectiva de pragas.[11]
↑Zara, Fernando & Jose Balestieri. (2000): "Behavioural Catalogue of Polistes versicolor Olivier (Vespidae: Polistinae) Post-emergent Colonies." Naturalia25: 301-319.
↑Gobbi, Nivar; Fernando B. Noll & Marcelo A. H. Penna (2006): "‘Winter’ Aggregations, Colony Cycle, and Seasonal Phenotypic Change in the Paper Wasp Polistes versicolor in Subtropical Brazil". Naturwissenschaften93 (10): 487-94.
↑ 6,06,1Torres, R. F.; V. O. Torres, Y. R. Suárez & W. F. Antonialli-Junior (2014): "Effect of the Habitat Alteration by Human Activity on Colony Productivity of the Social Wasp Polistes versicolor (Olivier) (Hymenoptera: Vespidae)". Sociobiology61 (1): 100-106.
↑González, J. A.; F. S. Nascimento & S. F. Gayubo (2002): "Observations on the Winter Aggregates of Two Polistine Paper Wasps (Hymenoptera Vespidae Polistinae)." Tropical Zoology15 (1): 1-4.
↑Esch, Harald (1971): "Wagging Movements in the Wasp Polistes versicolor vulgaris Bequaert". Zeitschrift für vergleichende Physiologie72 (3): 221-225.
↑Kohler, Andreas (2008): "Floral Preferences of the Polistine Wasp Polistes versicolor versicolor Olivier, 1792 (Hymenoptera: Vespidae: Plostinae, Polistini) in Santa Cruz Do Sul, Southern Brazil". Biociencias16 (2).
↑Prezoto, Fábio; Helba H. Santos-Prezoto, Vera L. Machado & José C. Zanuncio (2006): "Prey Captured and Used in Polistes versicolor (Olivier) (Hymenoptera: Vespidae) Nourishment". Neotropical Entomology35 (5): 707-709.
Aguiar, Alexandre P. et al. (2013): "Order Hymenoptera". En Zhang, Z.-Q. (ed.): "Animal Biodiversity: An Outline of Higher-level Classification and Survey of Taxonomic Richness (Addenda 2013)". Zootaxa3703: 1–82.
Borror, D. J., DeLong, D. M. & Triplehorn, C. A. (1976): An introduction to the study of insects, 4ª ed. Nova York, Chicago: Holt, Rinehart and Winston. ISBN 0-0308-8406-3.
Huber, John T. (2009): "Biodiversity of Hymenoptera". Capítulo 12. En Robert G. Foottit & Peter H. Adler: Insect Biodiversity: Science and Society. Hoboken, New Jersey: Blackwell Publishing. ISBN 978-1-4051-5142-9.
O'Toole, Christopher & Raw, Anthony (1999): Bees of the world. Londres: Cassell & Co. ISBN 0-8160-5712-5.
Sharkey, Michael J. (2007): "Phylogeny and Classification of Hymenoptera". Zootaxa1668: 521–548.
Vilhelmsen, Lard (2001): "Phylogeny and classification of the extant basal lineages of the Hymenoptera (Insecta)". Zoological Journal of the Linnean Society131: 393–442.