Polaris é unha banda de rock alternativo formada como un proxecto musical único a mediados dos 90 involucrando a membros do grupo de indie rock de New Haven Miracle Legion. Foron encomendados especificamente para producir música para o programa de televisión de Nickelodeon The Adventures of Pete & Pete, que posteriormente foi compilada no primeiro e único álbum da banda.[1] Case vinta anos despois de que o programa fose cancelado Polaris reapareceu coa súa primeira xira e un sinxelo en casete con dúas cancións novas.
Discografía
Notas