Polar Bear (de Polar Beacon Experiment and Auroral Research), tamén coñecido como STP P87-1 e STP P87-A, foi un satélite artificial da Forza Aérea dos Estados Unidos lanzado o 14 de novembro de 1986 mediante un foguete Scout G desde a Base Vandenberg da Forza Aérea para estudar a ionosfera terrestre.[2][3][5][6]
Características
Polar Bear foi unha misión militar dirixida a estudar as intereferencias nas comunicacións producidas pola actividade solar, continuando as investigacións comezadas polo satélite HILAT.[3][5][6]
A misión de POLAR foi estudar as auroras polares, medir a interacción do plasma na zona polar da magnetosfera terrestre e a cola xeomagnética, o fluxo de plasmas cara e desde a ionosfera e a introdución de enerxía procedende das partículas solares na ionosfera e a atmosfera superior.[3][5][6]
Nave
O satélite utilizou a estrutura do satélite Transit-O 17, que nunca chegou a lanzarse e que tería formado parte da constelación de satélites de navegación Transit O. O satélite estaba en exhibición no Museo Smithsonian desde había oito anos.[3][5][6]
Polar Bear estabilizábase mediante gradente gravitatorio mediante un mastro despregable e era alimentado por catro paneis solares. Tras o seu lanzamento e despois de alcanzar unha órbita na que era iluminado continuamente polo Sol, en febreiro de 1987, a actitude do satélite empezou a variar erraticamente ata que o satélite inverteu a súa posición en maio dese mesmo ano. O terceiro intento de recuperar o satélite tivo éxito, despois de usar o volante de inercia da nave.[3][5][6]
Instrumentos
Polar Bear levaba dous instrumentos a bordo:[3][5][6]
- Sensor Remoto para Imaxes Aurorais: instrumento para obter imaxes das auroras boreais.
- Experimento de Baliza: experimento para monitorizar a propagación na ionosfera sobre os polos terrestres.
Notas
- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "POLAR BEAR" (en inglés). Consultado o 14 de xuño de 2016.
- ↑ 2,0 2,1 "Note verbale dated 27 March 1987 from the Permanent Representative of the United States of America to the United Nations addressed to the Secretary-General" (PDF) (87-09034). 8 de abril de 1987: 2. Consultado o 14 de xuño de 2016.
- ↑ 3,00 3,01 3,02 3,03 3,04 3,05 3,06 3,07 3,08 3,09 3,10 NASA (27 de abril de 2016). "Polar BEAR" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 06 de marzo de 2016. Consultado o 14 de xuño de 2016.
- ↑ Claude Lafleur (2010). "POLAR BEAR / NNS O-17" (en inglés). Consultado o 14 de xuño de 2016.
- ↑ 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 5,5 5,6 Gunter Dirk Krebs (2016). Gunter's Space Page, ed. "Polar Bear (P87-1)" (en inglés). Consultado o 14 de xuño de 2016.
- ↑ 6,0 6,1 6,2 6,3 6,4 6,5 6,6 6,7 Mark Wade (2011). "Polar Bear" (en inglés). Consultado o 14 de xuño de 2016.
Véxase tamén
Outros artigos