"Por aquel entón fixen a miña primeira experiencia do mar. Era un mes de novembre de moi mal tempo e embarqueime no "Norita", matrícula de Baiona, e alá fun baixo o patronato pesqueiro do tío Nartallo "O Puto", de setenta anos. "Puto" quere decir no linguaxe usual de aquela xente, "listo","asisado", "agudo", deses que son capaces de albiscar a pesca coma o tacto. No outro extremo do rol figuraba Pepiño, rapaz de abordo, que por aí tería uns trece anos. Algúns dos compañeiros daquela xeira, moi poucos meses despois, embarcados nun pesqueiro de Bouzas, morreron afogados."
Temporal: ritmo rápido, a treboada vaise achegando, a traxedia consúmase.
4º movemento: Andante maestoso
O andante maestoso ten un ritmo lento, nobre e maxestoso, é unha marcha fúnebre solemne.
Marcha fúnebre: Blanco Amor comentoulle a Carlos Casares[5]:
"O poema é unha especie de estilización moi literaria, máis incapaz de encubrir cos seus artificios estéticos o latexar de cariño e de protesta que collen dende o agoiro do que nace pra a morte, anunciada no primeiro movemento, que se titula "Comunión", e consumado no cuarto, que é unha marcha fúnebre que se me ocurríu esactamente no Teatro Colón de Buenos Aires, vendo o Enterro de Sigfrido por unha gran compañía de Weimar."
Segundo Carlos L. Bernárdez: Poema en catro tempos conxuga a autenticidade da expresión vivida co tema poético a través dunha base musical que axusta ritmo e estrofas aos tempos, nunha estreita relación de contido, métrica e ritmo.[6]
"elexía á morte dun pescador, insólita no noso panorama, orquestada á maneira dunha sinfonía, que exalta a entrega ó traballo e mitifica tanto o espacio, o mar, ámbito das transformacións e da plenitude das formas cósmicas, coma os protagonistas, os mariñeiros."