Os rukai (en chinés: 魯凱族; Lǔkǎi zú) son un dos pobos indíxenas de Taiwán. Está formado por seis comunidades que residen no sur de Taiwán (Budai, Labuan, Tanan, Maga, Mantauran e Tona), cada unha co seu propio dialecto da lingua rukai. No ano 2014, os rukai chegaban a 12 699 persoas,[1] e é o sétimo meirande pobo dos trece oficialmente recoñecidos como indíxenas de Taiwán. Os rukai tamén foron chamados tsarisen, que quere dicir "pobo que vive na montaña".
Os rukai honran o félido Neofelis nebulosa brachyura e as cobras Deinagkistrodon, que cren ser os espíritos dos seus devanceiros.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas