Os korowai, tamén chamados kolufo, son un grupo étnicopapúa que vive no sueste de Papúa Occidental, na provincia indonesia de Papúa, preto da fronteira con Papúa-Nova Guinea. O seu número rolda as 3 000 persoas.[2]
É posible que os korowai descoñecesen a existencia doutros pobos ademais deles antes de que os forasteiros se puxeran en contacto con eles na década de 1970.[3]
Lingua
Falan a lingua korowai que pertence á familia awyu–dumut (no sueste de Papúa) e forma parte do filo de linguas trans-neoguineanas. Un misioneiro e lingüista neerlandés elaborou un dicionario e unha gramática da súa lingua.
The Korowai of Irian Jaya: Their Language in Its Cultural Context (Oxford Studies in Anthropological Linguistics, 9) by Gerrit J. Van Enk & Lourens de Vries (ISBN0-19-510551-6).
Korowai: in Encyclopedia of World Cultures – Supplement (Editors: Melvin Ember, Carol R. Ember, and Ian Skoggard) pp.183–187 by Gerrit J.van Enk. Macmillan Reference United States / Gale Group (ISBN0-02-865671-7).
Korowai Treehouses and the Everyday Representation of Time, Belonging, and Death. by Rupert Stasch. The Asia Pacific Journal of Anthropology. 12(3): 327–347.