Os finlandeses[10] (en finés: suomalaiset) son un grupo étnico nativo de Finlandia.[11][12] O finés, a lingua falada pola maioría dos finlandeses, está estreitamente relacionada con outras linguas fino-bálticas, como o estoniano e o carelio. As linguas fino-bálticas son un subgrupo das linguas urálicas.
No presente, hai arredor de 6–7 millóns de finlandeses en todo o mundo, a maioría deles vivindo en Finlandia e os países veciños, principalmente Suecia, Rusia e Noruega. Ademais, existe unha importante diáspora fóra de Europa, con salientables poboacións en Australia, o Canadá, Nova Zelandia e os Estados Unidos.
Notas