Ademais de seren principalmente patas para a natación, tamén se utilizan para a incubación dos ovos (excepto nos camaróns e nas gambas), para a captura de alimentos (que despois desprazan cara á boca) e, ás veces, poden levar tamén branquias.[1]
Nalgúns taxons, o primeiro par ou dous primeiros pares de pleópodos especializáronse nos machos para a fecundación,[1] coñocéndose daquela como gonópodos.[3]
Etimoloxía
O termo pleópodo, empregado desde 1855, está formado polos elementos ple- e -podo derivados das voces do grego antigo πλέω pléō 'navegar', e πούς, ποδός poús, podós 'pé', elementos unidos por un -o- epentético para facilitar a pronuncia. Literalmente: 'patas para nadar' ou 'patas natatorias'.[4]
Brusca, R. C. & Brusca, G. J. (2005): Invertebrados, 2ª edición. Madrid: McGraw-Hill-Interamericana. ISBN 0-87893-097-3.
Frings, H. e Frings, M. (1975): Conceptos de Zoología. Madrid: Editorial Alhambra. ISBN 84-205-0505-6.
Garrido, Carlos (1977): Dicionário terminológico quadrilíngue de zoologia dos invertebrados. A Corunha: Associaçom Galega da Língua. ISBN 84-87305-12-1.
Grassé, P.-P., E. A. Poisson e O. Tuzet (1976): Invertebrados. Barcelona: Toray-Masson. ISBN 84-311-0200-4.
Hickman, C. P., W. C. Ober e C. W. Garrison (2006): Principios integrales de zoología, 13ª ed. Madrid: McGraw-Hill Interamericana. ISBN 84-481-4528-3.
Remane, A., Storch, V. e Welsch, U. (1980): Zoología sistemática. Clasificación del reino animal.. Barcelona: Ediciones Omega. ISBN 84-282-0608-2.