A Plateau de Beille (chaira de Beille) é unha estación de esquí francesa, situada nos Pireneos, no departamento de Ariège, pertencente á rexión de Mediodía-Pireneos.
Características
A estación de esquí está situada en Ax-les-Thermes, a uns poucos quilómetros do núcleo de poboación e preto tamén da fronteira andorrana. A área é unha extensa chaira situada entre montañas, a unha altitude de entre 1.650 e 2.000 m, e onde se practica principalmente o esquí de paseo, que integra tanto o esquí alpino coma o de fondo, e que non emprega remontes.
O acceso ata a chaira comeza no lugar de Las Cabanas, e salva un desnivel de 1.255 m nunha distancia de 15,8 km, cunha pendente media de 7,9% e máxima de 10,8%. Ten 70 km en pistas de esquí nórdico, ademais de 30 km para camiñar sobre a neve e 4 pistas de zorra de descenso.
É unha chegada habitual do Tour de Francia, que xa rematou tiradas aquí en 1998, 2002, 2004 e 2007,
Véxase tamén
Ligazóns externas