Plateau está considerado un dos estados con maior diversidade cultural e lingüística da xa diversa Nixeria. Nel fálanse cerca de 48 linguas. Entre as que teñen máis de 100 mil falantes, están o angas, o berom, o goemai, o kofyar, o mwaghavul, o ron e o tarok.[1]
Ao estar situado na zona central do país, no límite entre os territorios de maioría cristiá e o norte musulmán, Plateau foi escenario de violentos combates entre membros de ambas as faccións.[2] En 2010, estes enfrontamentos deixaron un saldo de polo menos 500 mortos.[3]
Historia
O estado conformouse en 1926 como escisión da entón provincia de Bauchi (actualmente estado). Ao longo do século XX, mercé distintos acontecementos históricos, sufriu varias modificacións territoriais. A última delas tivo lugar en 1996, cando baixo o réxime militar de Sani Abacha, dispúxose que a parte occidental do territorio se separara para conformar o novo estado de Nassawara.[4]
Áreas de goberno local
Este estado subdivídese internamente nun total de dezasete áreas de goberno local, a saber: