A Plataforma contra a Burla Negra é o nome que adoptou a protesta cultural do movemento Nunca Máis.[1] O 1 de febreiro de 2003 houbo unha xornada de mobilización cultural a prol da plataforma Nunca Máis[2], aínda que a presentación se pode rastrexar nunha xuntanza o 27 de novembro de 2002 de músicos.[3] O nome da Burla Negra fora proposto polo actor Miguel de Lira polo nome do barco do pirata galego do século XIX Benito Soto.[4]
Aos dezaseis anos da súa constitución a Plataforma contra a Burla Negra coordinou unha exposición no Auditorio de Galicia e a Biblioteca Xeral da Universidade de Santiago de Compostela.[1]
En 2020 realizaron unha xornada na que participaron Xiana do Teixeiro, Carme Nogueira, Sabela Fraga Costa, Horacio González, Manuel Sendón, Lara Barros Alfaro, Anxo Rabuñal, Marta Pérez Pereiro, Germán Labrador Méndez, Jorge Linheira, o Cineclube de Compostela, a Asociación Patio de Butacas, Xesús Ron, Lorenzo Fernández Prieto, Joan Morera Arbones, a Aula Castelao de Filosofía, Xurxo Ayán, Carmela Montero e Ed. Difusora de Letras, Artes e Ideas.[5]
Recoñecemento
No ano 2018 realizouse unha curta documental sobre este movemento cultural.[6]
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
Ligazóns externas