A Plataforma CÃvica (en polaco: Platforma Obywatelska, abreviado PO) é o principal partido polÃtico de centro-dereita de Polonia, o cal defende ideas europeÃstas, liberais e democristiás. Foi o partido gañador das eleccións xerais de 2007.
Historia
Fundado o 19 de xaneiro de 2001, a maior parte do seus membros foran membros da UW (Alianza da Liberdade - Unia WolnoÅ›ci) e a AWS (Solidariedade-Alianza Democrática da Dereita - Akcja Wyborcza Solidarność). O partido PO estaba formado por Donald Tusk UW, Maciej PÅ‚ażyÅ„ski Solidariedade-AWS e Andrzej Olechowski. Durante as eleccións xerais de 2001 a Plataforma CÃvica obtivo un 12,68% dos votos e 65 escanos no Sejm (o parlamento polaco, Sejm, ten 460 escaños). Nas eleccións de 2005 obtivo un 24,14%, 133 escanos e 34 senadores (sobre 100).
O presidente da Plataforma CÃvica é Donald Tusk. No partido tamén están Jan Rokita, BronisÅ‚aw Komorowski, Zbigniew Chlebowski, Hanna Gronkiewicz-Waltz, Stefan NiesioÅ‚owski, Grzegorz Schetyna e Jerzy Buzek.
O programa
A Plataforma CÃvica defende a economÃa liberal. As súas propostas económicas van orientadas a baixar os impostos e introducir o imposto liñal (en polaco podatek liniowy). Quere liquidar o Senado (Senat) e limitar a burocracia. Postula a loita contra a corrupción e maila delincuencia. O partido apoia a integración na Unión Europea (UE). No eido social, oponse á eutanasia, o matrimonio homosexual e maila legalización das drogas.
Resultados electorais
Nas eleccións xerais de 2007 obtivo a vitoria tanto en escanos coma en votos con máis dun 40%.
Ligazóns externas