Plasma Diagnostic Package, tamén denominado PDPD polo seu acrónimo, foi un satélite artificial estadounidense lanzado o 29 de xullo de 1985 mediante o transbordador espacial Challenger desde o Centro Espacial de Cabo Cañaveral, en Florida.[2][4][5]
Características
PDP foi un satélite artificial despregado polo brazo robótico do transbordador espacial Challenger durante a misión STS 51F e recuperado seis horas máis tarde. PDP podía funcionar tanto en voo libre como conectado ao transbordador servindo como un instrumento máis, con identificador 85-063A-03.[1][2][4][5]
A misión de PDP consistiu en facer distintas medicións sobre o contorno de plasma arredor da Terra.[1][2][4][5]
PDP regresou á Terra co transbordador espacial o 6 de agosto de 1985.[1]
Notas
- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "PDP" (en inglés). Consultado o 5 de marzo de 2016.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 NASA (26 de agosto de 2014). "Plasma Diagnostic Package (PDP)" (en inglés). Consultado o 5 de marzo de 2016.
- ↑ Claude Lafleur (2010). "PDP" (en inglés). Consultado o 5 de marzo de 2016.
- ↑ 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 Gunter Dirk Krebs (2016). Gunter's Space Page, ed. "PDP" (en inglés). Consultado o 5 de marzo de 2016.
- ↑ 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 Mark Wade (2011). "PDP" (en inglés). Consultado o 5 de marzo de 2016.
Véxase tamén
Outros artigos