Un plan corporal, padrón corporal, Bauplan (termo alemán, plural Baupläne), or arquetipo é un conxunto de características morfolóxicas comúns a moitos membros dun filo de animais.[1] Os vertebrados comparten un mesmo plan corporal, mentres que os invertebrados teñen moitos.
Historicamente, considerouse que os plans corporais evolucionaron de forma repentina na biota de Ediacara; enchendo a explosión cámbrica cos seus resultados, e unha visión máis matizada da evolución animal suxire un desenvolvemento gradual dos plans corporais ao longo da parte inicial do Paleozoico. Estudos recentes en animais e plantas empezaron a investigar se as restricións evolutivas das estrutruras dos plans corporais poden explicar a presenza de restricións ao desenvolvemento durante a embrioxénese como o fenómeno denominado estadio filotípico.
Historia
Entre os pioneiros da zooloxía, Linneo identificou dous plans corporais fóra dos vertebrados; Cuvier identificou tres, e Haeckel catro, así como os Protista con oito máis, facendo un total de doce. En comparación, o número de filos recoñecidos polos zoólogos modernos chega aos 36.[1]
Na súa obra de 1817, Le Règne Animal, o zoólogo francés Georges Cuvier combinou evidencias de anatomía comparativa e paleontoloxía[3] para dividir o reino animal en catro plans corporais. Tomando o sistema nervioso central como o principal sistema de órganos que controlaba todos os outros, como o sistema circulatorio e dixestivo, Cuvier distinguiu catro plans corporais ou ramificacións:[4]
Con cerebro e medula espiñal (rodeados por elementos esqueléticos)[4]
Ernst Haeckel, no seu libro de 1866 Generelle Morphologie der Organismen, afirmaba que todos os seres vivos eran monofiléticos (tiñan unha soa orixe evolutiva), estando divididos en plantas, protistas e animais. Os seus protistas estaban divididos en moneras, protoplastos, flaxelados, diatomeas, mixomicetos, mixocistodos, rizópodos e esponxas. Os seus animais estaban divididos en grupos con distintos plans corporais: el nomeou estes filos. Os filos animais de Haeckel eran os celenterados, equinodermos, e (seguindo a Cuvier) articulados, moluscos e vertebrados.[5]
Gould, 1979
Stephen J. Gould explorou a idea de que os diferentes filos podían percibirse en termos dun Bauplan, ilustrando a súa fixeza. Porén, posteiormente abandonou esta idea en favor do equilibrio puntuado.[6]
Aspectos básicos dos plans corporais
A presenza dunha cavidade xeral interna permite unha mellor absorción dos nutrientes ao crear un microambiente no que se poden concentrar os nutrientes e as diferentes estratexias para introducilos no organismo. Esta mellora na nutrición é imprescindible nos animais grandes, que teñen unha relación superficie/volume baixa.
A simetría radial aparece en formas que poden quedar divididas en metades semellantes por máis de dous planos que conteñan o seu eixe lonxitudinal, e responde ás necesidades de animais primariamente sésiles, rodeados por un medio homoxéneo e rico en nutrientes e oxíxeno (medios mariños).
A aparición da simetría bilateral constituíu un enorme avance, xa que os animais bilaterais están moito máis adaptados para moverse cara a diante do que os animais de simetría radial. A simetría bilateral está estreitamente ligada á cefalización. Pénsase que os bilaterais constitúen un grupo monofilético, que se denomina Bilateria.
Unha innovación fundamental que aparece nos animais bilaterais é o celoma, un espazo cheo de líquido que rodea o tubo dixestivo. O celoma proporciona un deseño do tipo tubo dentro doutro tubo, o que permite unha compartimentación moito maior da cavidade interna. Tamén supón a dispoñibilidade de espazo para os órganos viscerais, e permite maior tamaño e complexidade ao deixar maior superficie exposta para intercambios celulares. O celoma, cheo de líquido, funciona adicionalmente como esqueleto hidrostático, especialmente en certos vermes.
A metamería ou segmentación é a repetición seriada de unidades corporais ao longo do eixe lonxitudinal dun organismo. Cada unha desas unidades denomínase segmento ou metámero. En organismos como as miñocas de terra e demais anélidos, nos que a metamería se presenta de maneira máis clara, a disposición segmentada afecta a estruturas, tanto internas coma externas, de varios sistemas. Dáse repetición de músculos, elementos nerviosos, vasos sanguíneos e sedas locomotoras. Outros órganos, como os sexuais, poden repetirse só uns cantos segmentos. A verdadeira metamería só se encontra en tres filos: Anélidos, Artrópodos e Cordados. Neste último grupo a metamería queda enmascarada polo desenvolvemento posterior, mais en determinadas etapas da embrioxénese é moi clara. A metamería difusa ou anelación superficial do ectoderma e da parede do corpo pódese atopar noutros moitos e moi diversos grupos de animais.
Plan corporal vertebrado: simetría bilateral, endoesqueleto articulado, sistema nervioso dorsal especializado, esquizocelia modificada.
Orixe
20 dun total de 36 plans corporais orixináronse no período Cámbrico,[7] na "explosión cámbrica".[8] Porén, os plans corporais completos de moitos filos xurdiron moito máis tarde, no Paleozoico ou máis tarde.[9]
O conxunto de plans corporais dos seres vivos actuais é só unha fracción dos posibles padróns coñecidos de seres vivos: a biota de Ediacara do Precámbrico presentaba plans corporais que diferían dos de calquera atopado nos organismos vivos actuais, incluso se o arranxo global dalgúns taxons modernos non relacionados é bastante similar.[10] Desta maneira, a explosión do Cámbrico parece que substituíu máis ou menos completamente o anterior conxunto de plans corporais.[7]
Os xenes, os embrións e o desenvolvemnto xuntos determinan a forma do corpo dun organismo adulto, por medio dun complexo proceso de interruptores implicados na morfoxénese.
Os biólogos do deselvolvemento tratan de comprender como fan os xenes para controlar o desenvolvemento de características estuturais por medio dun cadoiro de procesos nos cales uns xenes clave producen morfóxenos, comostos químicos que difunden polo corpo para producir un gradiente que actúa como un indicador de posición para as células, activando outros xenes, algúns dos cales á súa vez producen outros morfóxenos. Un descubrimento clave foi a existencia de grupos de xenes homeobox, que funcionan como interuptores responsables de estableceren o plan corporal básico dos animais. Os xenes homeobox están notablemente conservados entre especies tan diversas como a mosca do vinagre e os humanos, e o padrón segmentado básico do verme ou o da mosca do vinagre é a orixe da columna segmentada dos humanos. O campo da bioloxía do desenvolvemento evolutiva animal ('Evo Devo'), que estuda a xenética da morfoloxía en detalle, está en rápida expansión[11] con moitos dos cadoiros xenéticos do desenvolvemento, especialmente na mosca do vinagre Drosophila, catalogados con considerable detalle.[12]
↑ 4,04,14,24,34,4De Wit, Hendrik Cornelius Dirk De Wit. Histoire du Développement de la Biologie, Volume III, Presses Polytechniques et Universitaires Romandes, Lausanne, 1994, p. 94-96. ISBN2-88074-264-1
↑Haeckel, Ernst. Generelle Morphologie der Organismen : allgemeine Grundzüge der organischen Formen-Wissenschaft, mechanisch begründet durch die von Charles Darwin reformirte Descendenz-Theorie. (1866) Berlin
↑Bowler, Peter J. (2009). Evolution: the History of an Idea. California, p. 364.
↑Erwin, D. H. (1999). "The Origin of Bodyplans". Integrative and Comparative Biology (American Zoologist)39 (3): 617–629. doi:10.1093/icb/39.3.617.
↑Budd, G. E.; Jensen, S. (2000). "A critical reappraisal of the fossil record of the bilaterian phyla". Biological Reviews of the Cambridge Philosophical Society75 (2): 253–95. PMID10881389. doi:10.1111/j.1469-185X.1999.tb00046.x.