A pintura románica desenvolveuse no interior das igrexas románicas, decorando con frescos o muro e a bóveda e tamén no claustro, repite o repertorio iconográfico da escultura románica e ten unha finalidade didáctica. Tamén se desenvolveu a pintura sobre táboa, principalmente para retablos e frontais dos altares e acadou gran perfección na iluminación de libros realizados por monxes.