O pintor Haimon foi un pintor e debuxante grego anónimo do século V a. C., O seu nome é descoñecido, pero as características individuais do estilo suxiren a existencia dunha personalidade artística única. O seu obradoiro foi especialmente produtivo, e máis de 600 dos seus vasos sobreviviron.
Nome historiográfico
Moitos oleiros e pintores da Grecia antiga eran anónimos, as sinaturas eran confusas ou mesmo é diíficl para a historiografía grega determinar se un mesmo mesmo artista era á vez autor da peza cerámica e da pintura.