Pilar Tejo Mora-Granados|
Nacemento | século XX |
---|
|
Ocupación | enxeñeira naval |
---|
|
Premio Asociación de Ingenieros Navales y Oceánicos (AINE) 2009 |
|
|
Pilar Tejo Mora-Granados é unha das catro primeiras mulleres que en España obtiveron o título de Enxeñeira Naval.[1]
Traxectoria
Pilar Tejo Mora-Granados é directora técnica da Asociación Española de Fomento del Transporte Marítimo de Corta Distancia (SPC-España),[2] tamén é socia-directora da empresa Teirlog-Ingeniería, especializada en consultoría e enxeñería de transportes e loxística, que conta con profesionais especialistas no sector da enxeñaría naval.[3]
Ademais, Pilar Tejo Mora-Granados foi a directora de Salvamento Marítimo.[4]
Foi a primeira muller en recibir o Premio AINE, concedido pola Asociación de Enxeñeiros Navais, en 2009, na categoría de Enxeñeiro Naval con Traxectoria máis Destacada durante o ano 2009. Este galardón foi entregado en recoñecemento ao seu labor como directora xeral de Salvamento Marítimo durante máis de cinco anos, e aos logros acadados durante ese tempo no Plan Nacional de Salvamento 2006-2009, para mellorar o servizo de salvamento e loita contra a contaminación e previr situacións de emerxencia no mar.[5]
Ano no que tamén foi Directora Executiva de Portos, Loxística e Transporte Marítimo.[6]
Ademais do seu labor dentro do sector, tamén imparte relatorios e charlas formativas e de orientación en diferentes institucións, tanto públicas como privadas, como a que se celebra no Ateneo de Madrid, ao abeiro da Fundación Philippe Cousteau “Unión de los Océanos" o 19 de xuño de 2007.[7]
Notas
Véxase tamén
Outros artigos