Pilar López Sancho, nada en Madrid en 1953, é doutora en Ciencias Físicas e profesora de investigación do CSIC, no Departamento de Teoría e Simulación de Materiais do Instituto de Ciencia de Materiais de Madrid do CSIC.[1][2]
Traxectoria
Licenciouse en Ciencias Físicas na Universidade Complutense de Madrid (UCM) en 1975 e doutorouse en 1979 na mesma universidade.Ao rematar a súa licenciatura concedéronlle unha bolsa de Formación de Persoal Investigador para levar a cabo a súa tese doutoral en Física de Superficies no Centro de Física Aplicada Leonardo Torres Quevedo do CSIC. A súa tese virou ao redor dun estudo experimental da interacción de gases con metais, de gran relevancia en Física de Superficies polas posibles aplicacións industriais.
En 1979 viaxou a Londres para comezar unha estadía posdoutoral no Imperial College, onde empezou a realizar traballo teórico e o estudo das propiedades electrónicas de metais e modelos de quimisorción. Ao regresar a España foi contratada no Instituto de Física de Materiais do CSIC como bolseira posdoutoral até 1986.Ee mesmo ano, comezou a ser Colaboradora Científica no CSIC para centrarse no estudo destes materiais. Desde entón desenvolveu sempre a súa actividade profesional nesta institución como Investigadora Científica entre 1990 e 2006 e como Profesora de Investigación até a actualidade, compaxinándoa con estancias en diversos centros de investigación.[1]
Pilar López Sancho é crítica coa desigualdade de xénero a nivel laboral no ámbito da investigación.[3][4][5]Afirma que no ámbito da investigación, a pesar de ser obxectivo e imparcial, percíbese a mesma desigualdade de xénero que nos demais ámbitos da sociedade e que esta realidade non estaba plasmada nas estatísticas. E como exemplo desa maior taxa de éxito dos científicos apunta: “Na miña traxectoria no CSIC vin moitas mulleres xubilarse na categoría máis baixa e só un ou dous homes”.[4]
Recoñecementos
Desde 2008 preside a Comisión de Mulleres e Ciencia do CSIC. Tamén foi presidenta do Grupo Especializado de “Mulleres en Física” da RSEF de 2002 a 2018 e da Asociación de Mujeres Investigadoras & Tecnólogas (AMIT) entre 2010 e 2013. Colabora asiduamente co Programa L’Orèal-UNESCO “For Women in Science”.[6][7]
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas