María del Pilar Díaz Otero, nada en Mugardos en 1967, e unha política galega de Esquerda Unida.
Traxectoria
Adestradora de balonmán. Foi candidata á alcaldía e concelleira de Mugardos por Esquerda Unida. En agosto de 2016 Juan Domingo de Deus do PP deixou a alcaldía de Mugardos tras prosperar unha moción de censura presentada conxuntamente por Esquerda Unida, Iniciativa Cidadá de Mugardos (ICM) e Bloque Nacionalista Galego.[1] Pilar foi elixida nova alcaldesa gobernando en coalición con ICM e BNG.[2] En decembro de 2019 a alcaldía volveu ó PP tras prosperar unha moción de censura apoiada polos tres concelleiros do PSdeG-PSOE.[3]
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
Ligazóns externas