Pidgin-Deutsch ou alemán pidgin é unha lingua de contacto xurdida na emigración en Alemaña. O termo popularizouse nas décadas entre o 1965 e 1985, a partir do estudo "Zum Pidgin-Deutsch der Gastarbeiter"[1] analizado en base a enquisas a traballadores migrantes españois e italianos. O termo non se centra en nacionalidades específicas senón no conxunto total de inmigrantes no país considerando o efecto no total da poboación e en comparación con migrantes máis asentadas como as turcas. Varios académicos coinciden en que este tipo de pidgin, pese a mostrar trazos propios do termo, carece do trasfondo sociolóxico[2].
Trazos do alemán pidgin
- Fallo de formas flexionadas en adxectivos e verbos; colocación do infinitivo e a forma feminina do artigo indefinido.
- Acumulación excesiva de adverbios.
- Confusión entre a forma viel e sehr.
- niks en substitución de nichts, nicht ou kein.
- Forma errónea do saúdo con du en conexión con formas infinitivas.
- Formas propias de declinar, fallos entre o definido e indefinido, nas preposicións e pronomes en posición incorrecta do suxeito. [3]
Notas
Véxase tamén
Outros artigos