Pico Turquino

Modelo:Xeografía físicaPico Turquino
Imaxe
Tipomontaña Editar o valor en Wikidata
Localizado na área protexidaTurquino National Park (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Localización
ContinenteAmérica do Norte e América Editar o valor en Wikidata
División administrativaProvincia de Santiago de Cuba Editar o valor en Wikidata
Mapa
 19°59′22″N 76°50′09″O / 19.9894, -76.8358
CordilleiraSierra Maestra Editar o valor en Wikidata
Características
Altitude1.974 m Editar o valor en Wikidata
Prominencia topográfica1.974 m Editar o valor en Wikidata

O Pico Turquino é o punto de maior altitude da illa de Cuba con 1 974 metros sobre o nivel de mar. É o único lugar de Cuba onde se rexistrou oficialmente unha nevarada en febreiro de 1900.[1]

Contexto xeográfico

Atópase no centro da Sierra Maestra, a maior cordilleira de Cuba. A montaña álzase sobre un escenario de 17.540 hectáreas de ríos, bosques, vales e cumes. Hai dous accesos típicos para escalalo, un dende territorio da provincia de Santiago de Cuba e outro, máis suave, dende a provincia de Granma.

Historia

Os primeiros rexistros de visitas ó seu cume remóntanse a 1915 polo botánico sueco Erik Leonard Ekman, e como curiosidade, aparece como "Tarquino" nun mapa elaborado polo xeógrafo flamengo Gerardo Kramer a finais do século XVI.[2] A zona, na época da conquista española estaba dominada por un cacique taíno chamado Tarquino ou Turquino. Segundo se cre, o nome provén das palabras aborixes turey e quino. A primeira delas era utilizada para designar ó ceo e a segunda utilizábase para denominar a unha persoa ou cousa importante ou elevada. Polo que se cre que Turquino quere dicir "Montaña do Ceo" ou "Elevación do Ceo".[3]

No alto atópase un busto de José Martí que colocou, no ano do centenario do seu nacemento (1953), Celia Sánchez Manduley acompañada do seu pai. O busto é obra da escultora Jilma Madera.

Notas

  1. "Nieve en Cuba (en italiano)". Arquivado dende o orixinal o 21 de marzo de 2013. Consultado o 23 de maio de 2019. 
  2. Pico Turquino EcuRed
  3. La montaña más alta de Cuba está en Guamá