O picanzo pequeno[2] (Lanius minor) é unha ave pertencente á familia dos lánidos.
Características
Cunha lonxitude entre os 19 e 21 cm, atópase entre o picanzo real setentrional e o picanzo vermello[3].Coma todos os lánidos a cabeza é grande e redondeada. Peteiro forte e groso[3]. Os adultos presentan o bandullo rosado. As ás negras cunha mancha branca na parte central[3]. A cola presenta o centro negro e os laterais brancos. Dorso e cabeza agrisados. Presenta unha liña negra dende a fronte ata ben pasado o ollo. A gorxa e o queixo son brancos[3].
Distribución
Cría en Italia, os Balcáns, Europa do leste, Anatolia, Cáucaso, sur de Rusia e ata Asia Central. Estas zonas son abandonadas durante a migración, que leva a especie a refuxiarse no sur de África[3].
En España considérase o vertebrado máis ameazado, con dúas parellas nidificantes en 2015, nas provincias de Huesca e Lleida[4]. Nese mesmo ano a Generalitat de Cataluña co apoio das asociacións ecoloxistas Trenca e WWF España chegaron a un acordo para a protección destas parellas, a conservación das zonas de cría e o inicio dun programa de cría en catividade (con polos liberados anualmente en Lleida)[4], e así en 2017 a especie recuperouse ata totalizar en Cataluña 19 individuos con seis parellas nidificantes, liberándose 83 polos [5]. En Galicia só se atopa como visitante ocasional [6].
Notas
- ↑ BirdLife International (2012). "Lanius minor". Lista Vermella de especies ameazadas. Versión 2013.2 (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza. Consultado o 26 November 2013.
- ↑ Penas Patiño, Xosé M.; Pedreira López, Carlos (2004). Guía das aves de Galicia. Ilustrado por Calros Silvar. Baía Edicións. ISBN 84-96128-69-5.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 Svensson, Lars (2010). Ediciones Omega, ed. Guía de aves: España, Europa y región mediterránea. ISBN 978-84-282-1533-6.
- ↑ 4,0 4,1 Varios (Septembro 2015). "Proyecto de reintroducción del Alcaudón Chico". Quercus (355).
- ↑ [http://trenca.org/projectes/la-trenca/ "La Trenca
Conservació in situ de la trenca (Lanius Minor) a Espanya"], trenca.org
- ↑ HUYSKENS, G. e MAAS, P. 1971 "La migración de aves marinas en el NW de España". Ardeola Especial, 155-180.