O picanzo nubio[2] é unha ave pertencente á familia do lánidos.
Características
Este picanzo cría en arboredos abertos, con presenza de matogueiras[3]. Frecuentemente tamén preto de terras de labranza. É o picanzo máis pequeno de todos.[3] Presenta o corpo, a cabeza e o peteiros máis pequenos e esveltos. Os adultos teñen o dorso e as ás negras, con diversas manchas brancas. As femias son apreciablemente máis claras. A cara é branca cunha característica máscara negra. O bandullo é branco e mostra unha zona alaranxada.
Distribución
Cría en Grecia, Bulgaria, Anatolia, próximo Oriente e zonas illadas de Irán e Iraq[3]. Inverna en África. Durante a migración é visible no río Nilo, ribeiras do mar Vermello e península do Sinaí[3].
Notas