Picais é un lugar pertencente á parroquia de San Xián de Veiga no concello lucense da Pobra do Brollón. Contaba segundo o IGE, con 2 habitantes en 2007, 1 home e 1 muller.
Está situado na beira do río Picarrexo, que desemboca moi preto da aldea no río Cabe. En Picais atópase o campo da festa da parroquia, no que se celebran as festas do Corpus, na primavera.
Lugares e parroquias
Lugares de Veiga
Parroquias da Pobra do Brollón