O picafollas ibérico[2] (Phylloscopus ibericus) é unha especie de avepaseriforme da familiaPhylloscopidae (antes os picafollas estaban dentro de Sylviidae) que habita na Península Ibérica e África. En Galicia é común e nidificante, presente principalmente en verán.[2] É un paxaro de pequeno tamaño, coas partes superiores do corpo de tons verdosos e as inferiores e a face amarieladas. Ten unha aparencia moi similar ao picafollas europeo ou común, pero de cores máis vivos. A súa alimentación é principalmente insectívora.
Taxonomía
Inicialmente considerábanse as poboacións de picafollas que vivían regularmente na Península Ibérica como unha subespecie do picafollas europeo, co nome Phylloscopus collybita brehmii, pero posteriores estudos revelaron que había diferenzas dabondo para consideralas especies diferentes,[3] cunha taxa de diverxencia do 4,6% do ADN mitocondrial,[4][5] polo que se nomeou como unha nova especie denominada Phylloscopus brehmii. Porén, cando un estudo posterior determinou que o exemplar tipo que se usara para a descrición deste taxon non era un picafollas ibérico, senón un individuo xove de picafollas europeo, invalidouse o taxon e máis tarde acabóuselle asignando o nome binomial Phylloscopus ibericus.[6][7][8]
Os estudos taxonómicos parecen indicar que os picafollas ibéricos son a liñaxe máis antiga entre os picafollas, que se separou dos picafollas europeos hai dous millóns de anos, ao quedaren illados os picafollas ibéricos na Península durante as glaciacións do Plistoceno,[9] e que os picafollas europeos regresaron á Península Ibérica durante o período interglaciar.[3]
Subespecies
No picafollas ibérico diferéncianse dúas subespecies:[6]
P. i. ibericus, que cría na metade sur da Península Ibérica e norte de África.
P. i. biscayensis, que cría na metade norte da Península Ibérica.
Descrición
Trátase dun paxaro de pequeno tamaño, que mide de 10 a 11 cm e pesa de 7 a 8,25 g. As partes superiores do seu corpo son de tons verdosos, mentres que a súa face e as partes inferiores son amarelentas. Aínda que a súa aparencia é moi similar á dos picafollas europeos ou comúns (P. collybita) teñen cores máis vivas, o verde da mitra e os ombreiros é máis intenso e a súa cara e gorxa son dun amarelo máis intenso.[5][10] Presenta liña ocular e brida tamén oliváceas. Ten as ás co extremo máis agudo que as do picafollas europeo e a súa cola algo máis longa.[5][11] As patas adoitan ser de cor marrón. Ambos os sexos teñen un aspecto similar e é difícil distinguilos a simple vista.
Esta especie difire notablemente de P. collybita nos seus cantos e chamadas.[3][12][13]
Distribución e hábitat
A área de cría desta especie encóntrase na Península Ibérica e o norte de África. A poboación europea estímase entre 360 000 e 530 000 parellas reprodutoras, o que supón o noventa por cento da poboación mundial. O país coa principal poboación reprodutora é España, onde aniñan entre 340 000 e 400 000 parellas reprodutoras.[14]
Aínda que as poboacións do sur poidan dispersarse a distancias curtas, a maioría dos picafollas ibéricos son aves migratorias de longa distancia, que atravesan o deserto do Sáhara para dirixirse aos seus carteis invernais en África occidental,[15] distribuíndose desde o Senegal polo sur de Malí, Burkina Faso e o norte de Ghana.
O picafollas ibérico prefire os hábitats montañosos e premontañosos, con bosques abertos, bosques de ribeira ou sotobosques.[9]
Reprodución
A época de cría empeza entre febreiro e marzo e dura ata setembro. Poñen de catro a sete ovos que incuban durante trece a quince días.
Hibridación
Existe unha pequena zona, duns 20 km de ancho, nos Pireneos occidentais onde as áreas de cría desta especie e o picarfollas común solapan e prodúcese hibridación entre ambas,[5][12][13] case sempre entre machos de P. ibericus e femias de P. c. collybita.[5] Os híbridos aparentemente mostran unha eficacia biolóxica moi reducida;[4] as femias híbridas parecen ser estériles, en consonancia coa regra de Haldane.[16]
↑ 4,04,1Andreas J. Helbig, Marc Salomon, S. Bensch, I. Seibold, Male-biased gene flow across an avian hybrid zone: evidence from mitochondrial and microsatellite DNA. Journal of Evolutionary Biology, 2001.
↑ 5,05,15,25,35,4Collinson, J. Martin; Melling, Tim (abril de 2008). "Identification of vagrant Iberian Chiffchaffs - pointers, pitfalls and problem birds". British Birds101 (4): 174–188.
↑Lars Svensson, "The correct name of the Iberian Chiffchaff Phylloscopus ibericus Ticehurst 1937, its identification and new evidence of its winter grounds". Bulletin of the British Ornithologists Club, 2001
↑Marc Salomon, J. Bried, Andreas J. Helbig, J. Riofrío, Morphometric differentiation between male Common Chiffchaffs, Phylloscopus [c.] collybita Vieillot, 1817, and Iberian Chiffchaffs, P. [c.] brehmii Homeyer, 1871, in a secondary contact zone (Aves: Sylviidae). Zoologischer Anzeiger, 1997.
↑ 13,013,1Marc Salomon, Y. Hemim, Song variation in the Chiffchaffs (Phylloscopus collybita) of the western Pyrenees – the contact zone between collybita and brehmii forms. Ethology
↑Hans-Günther Bauer, Einhard Bezzel und Wolfgang Fiedler (2005). Das Kompendium der Vögel Mitteleuropas: Alles über Biologie, Gefährdung und Schutz. Band 2: Passeriformes – Sperlingsvögel, Aula-Verlag Wiebelsheim, Wiesbaden. P. 193 ISBN 3-89104-648-0
↑Andreas J. Helbig, Marc Salomon, Michael Wink, Joël Bried, Absence de flux genique mitochondrial entre le Pouillots "veloces" medio-européen et ibérique (Aves: Phylloscopus collybita, P. (c.) brehmii); implications taxonomiques. Résultats tirés de la PCR et du séquencage d'ADN. C. R. Acad. Sci. III, 1993.