Este artigo amosa letras xeorxianas. Sen o soporte axeitado, o texto pode mostrar símbolos sen sentido, coma caixas, marcas e outros.
Pharnavaz (xeorxiano: ფარნავაზი) foi o primeiro rei de Kartii, un antigo reino xeorxiano coñecido como Iberia nas fontes clásicas. Segundo os rexistros escritos xeorxianos medievais foi o fundador do reino e da dinastía Pharnavaziana. Non se coñece a data exacta do seu reinado, que podería variar entre o 302–237 a. C. segundo Vakhushti de Kartli, 299–234 a. C. para Cyril Toumanoff ou 284–219 a. C. consonte Pavle Ingorokva.[1]
Orixe mítica
Conforme as Crónicas xeorxianas, Pharnavaz descendía de Uplos, fillo de Mtskhetos, fillo de Kartlos, que era un dos famosos e poderosos oito irmáns, que pola súa parte eran descendentes de Targamos, fillo de Tarsi, o neto de Jafet, fillo do Noaé bíblico. Pharnavaz non figura directamente en fontes non xeorxians e non hai unha indicación contemporánea definitiva para afirmar que foi o primeiro dos reis xeorxianos. A súa historia esta mesturada con trazos e imaxes de fantasía, acumulando o Pharnavaz real unha fachada mítica emerxendo como un modelo de monarca precristián nos anais xeorxianos.[2]
Na crónica do 800 A vida dos reis, a xenealoxía de Pharnavaz remóntase a Kartlos, o etnarca mítico de Kartli. Seu tío paterno, Samara, era o mamasakhlisi ("pai da casa") das tribos xeorxianas de Mtskheta. A nai de Pharnavaz era unha muller persa de Isfahán Toda a historia de Pharnavaz, aínda que escrita por un cronista cristián, abonda en alusións do iranianas antigas, un reflexo dos lazos entre Kartli e Irán nesa época, confirmados pola arqueoloxía e que tamén ilustra o propio nome "Pharnavaz" coa raíz par- baseada no persafarnah.[3] Cando Pharnavaz tiña tres anos[4] a súa familia quedou destruída e as súas posesións usurpadas por Azo, instalado por Alexandre o Grande durante a súa campaña en Kartli. A invasión de Iberia por Alexandre non aparece só na tradición histórica xeorxiana, senón tamén en Plinio o Vello (4.10.39) e Solino (9.19).[5]
Reinado
Pharnavaz medrou orfo, un día tivo un soño máxico no que el se unxía coa esencia do sol, que anuncia a peripeteia, esta visión lévao ao convencemento de dedicarse a misións nobres. A continuación marchou a cazar e seguindo un cervo atopou un tesouro agochado nunha cova.[6] Pharnavaz recuperou o tesouro para armar un exército leal contra a tiranía de Azon. Tivo a axuda de Kuji de Cólquida, que casou cunha irmá súa. Aos rebeldes tamén se suman 1000 soldados do campo de Azon .[2]
Na batalla seguinte os eu exército derrotou e matou a Azon e Pharnavaz converteuse no rei de of Kartlii aos 27 anos.[5], recoñecendo a soberanía dos seléucidas, os sucesores de Alexandre no Oriente Medio,[2] e probablemente seguiu na súa administración o modelo iraniano,[7] introducindo unha organización militar-administrativa baseada nunha rede de gobernadores rexionais ou eristavi.[8], quedando a estrutura xerárquica creada por Pharnavaz co rei no cume, seguido dun comandante en xefe do exército real (spaspet)e sete eristavis; os altos comandantes (atasistavis tsikhistavis) das gornicións estacionadas nas fortalezas reais e os comandantes (asistavis) que eran os fillos máis novos das familias aristocráticas; os guerreiros mercenarios profesionais procedentes dos países veciños e os soldados do exército real estaban distribuídos por todo o reino.[9] Pero a atribución destas reformas a Pharnavaz podería ser unha proxección de reformas medievais proxectadas ao un remoto pasado..[10]
Pharnavaz realizou alianzas con varios pobos do Cáucaso norte durante o seu reinado para axudalo tanto contra forzas internas como contra os macedonios.[11]. Seguindo os anais reais xeorxianos fixo da lingua xeorxiana a lingua oficial do reino e creou o alfabeto xeorxiano, mais non existe confirmación arqueolóxica e hai un rexeitamento unánime entre os historiadores de que el fora o creador do alfabeto.[12][13][14][15] Documentándose a existencia dunha forma peculiar local do alfabeto arameo na Xeorxia precristiá.[16] Reinou durante 65 anos segundo as crónicas e tras a súa morte enterrouse en fronte do ídolo Armazi.[17]