Os petróglifos de Ghorghalado son un conxunto de máis de 350 motivos gravados rupestres da Idade de Bronce situados na parroquia das Eiras (O Rosal).[1]
Descrición
O conxunto arqueolóxico ten 350 gravados reunidos en pequenos grupos, que forman diversas composicións xeométricas e abstractas aproveitando as fendas e as irregularidades da roca esquistósica na que están labrados para ordenar a disposición.[2] Son recorrentes os círculos concéntricos, algúns con cazoleta; tamén as formas cuadrangulares e ovaladas e as liñas.[1]
Descubrimento
Os petróglifos de Ghorghalado descubríronse de forma casual en 2012 por unha veciña do lugar.[3] En 2015, o Concello do Rosal, xunto coa Deputación de Pontevedra, a Dirección Xeral de Patrimonio e a comunidade de montes das Eiras escavaron este xacemento que se atopaba enterrado e cuberto de vexetación e que constitúe o primeiro petróglifo que se desenterrou en Galicia para a súa recuperación.[4][1]
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas