Petróglifo de Bouza Abadín
|
Descrición
|
Tipo de ben:
|
Petróglifo/Estación de arte rupestre
|
Categoría do ben:
|
Inventariado
|
Catálogo:
|
Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta
|
Código no Catálogo da Xunta:
|
GA15033008 [1]
|
Estado de conservación:
|
Bo
|
Cronoloxía:
|
Idade de Bronce
|
Afeccións
|
Ten camiño de acceso?
|
Si
|
Está cuberto de maleza?
|
Non
|
Está afectado por algunha obra?
|
Non
|
Atópase en perigo nestes momentos?
|
Non
|
Locolización
|
Concello:
|
Dodro
|
Lugar:
|
Imo
|
O petróglifo de Bouza Abadín[2] é un grupo de varios gravados rupestres en seis penedos nas faldras entre o monte Padronelo e o Carboeiro, a 200 m da aldea de Imo (concello de Dodro). É un conxunto de interese histórico e artístico da Idade de Bronce co código no Catálogo da Xunta; GA15033008.[2] Está constituído por combinacións de círculos concéntricos, cruces, coviñas e figuras zoomorfas moi esquematizadas, dando testemuña das xentes que habitaron esta zona entre os anos 1800 e 600 a. C.
En febreiro de 2011 un grupo de persoas voluntarias, baixo a supervisión dunha arqueóloga, limparon e acondicionaron a estación rupestre.[3][4] Durante a limpeza saíron á luz tres novos gravados que non estaban aínda inventariados.[5]
Notas
Véxase tamén
Bibliografía