Os adultos miden de 21,5 a 24 cm de lonxitude. É de cor negra na cabeza, as ás e a cola, e branco desde a garganta ata o ventre. Os flancos e a parte posterior son de cor branca con franxas negras, e a cola de cor negra coas plumas externas brancas barradas con negro. Os machos adultos teñen un píleo amarelo.
En Eurasia é o único peto cun píleo de cor amarela, o único con tres dedos nas patas, e un dos dous únicos petos de plumaxe branca e negra que carecen de plumas vermellas.
É normalmente residente permanente, pero as aves do norte adoitan migrar cara ao sur e as aves en altas elevacións poden pasar a niveis máis baixos no inverno.
Alimentación
Aliméntan se en árbores de coníferas, onde buscan larvas de escaravellos que furan a madeira ou doutros insectos. Tamén poden comer a froita e o zume da árbore.
Estas aves móvense a zonas cun gran número de árbores infestados de insectos, a miúdo despois dun incendio forestal ou inundación.
Taxonomía
Antes considerábase que a especie comprendía tamén formas que vivían en América do Norte, pero posteriores investigacións aconsellaron separalos en especies distintas, o peto tridáctilo eurasiático quedou co nome P. tridactylus, mentres que o americano denominouse P. dorsalis.[3].
Recoñécense as seguintes subespecies do peto tridáctilo eurasiático:[4]