Perro come perro é un filme colombiano de 2008 dirixido por Carlos Moreno. Relata a historia de dous asasinos ó servizo dun poderoso empresario de Cali[1] desexoso de vingar a morte do seu afillado e recuperar os seus cartos roubados. Estreouse no Festival de Cinema de Sundance de 2008.[2] Foi escollido como candidato de Colombia ó Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa na 81ª edición dos premios, mais finalmente non foi nomeado.
Personaxes
- Marlon Moreno como Víctor Peñaranda
- Óscar Borda como Eusebio Benítez
- Blas Jaramillo como "El Orejón"
- Paulina Rivas como Iris
- Álvaro Rodríguez como Silvio Sierra
- Andrés Toro como Zabala
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
Ligazóns externas