Perfecto Herbella Gómez, nado en Reigada (Manzaneda) o 8 de xuño de 1896 e finado en Castro Caldelas o 3 de xaneiro de 1976, foi un médico e político galego.
Traxectoria
Estudou o bacharelato no colexio dos Escolapios de Monforte de Lemos.[1] Médico titular de Castro Caldelas,[2] foi cabo do Somatén de Castro Caldelas en 1928.[3] Importante líder do movemento agrarista na comarca, colaborou con Manuel Casado Nieto na empresa de editar os xornais El Defensor de Caldelas e El Agro. Militou en Izquierda Republicana. Ao producirse o golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido, estivo preso na cadea do Mosteiro de Oseira e foi multado.O Tribunal Regional de Responsabilidades Políticas abriulle un expediente en 1937 e foi depurado no Colexio de Médicos en 1940. Foi desterrado a Xunqueira de Ambía, Celanova e Manzaneda ata 1955. En 1954 foi vetado polo Gobernador Civil para formar parte da directiva do Colexio de Médicos. Finou en Castro Caldelas o 3 de xaneiro de 1976.[4]
Vida persoal
Foi pai de Luis Herbella.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Ligazóns externas