Perfect Sound Forever é un EP de 10" da banda estadounidense de rock alternativo Pavement, publicado o 15 de abril de 1991 a través do selo de Chicago Drag City.[1] Trátase do terceiro lanzamento do grupo e as súas cancións posteriormente apareceron no recompilatorio Westing (by Musket & Sextant), tamén editado por Drag City en 1993.[1][2]
O nome do EP procede dunha texto da campaña publicitaria de Sony para os seus primeiros discos compactos, que aseguraba aos potenciais compradores o último tanto en fidelidade como en duración.[3]
Listaxe de cancións
Todos os temas compostos por Stephen Malkmus e Scott Kannberg.
N.º |
Título |
Duración |
1. |
"Heckler Spray" |
1:06 |
2. |
"From Now On" |
2:03 |
3. |
"Angel Carver Blues/Mellow Jazz Docent" |
2:30 |
4. |
"Drive-by Fader" |
0:28 |
5. |
"Debris Slide" |
1:56 |
6. |
"Home" |
2:23 |
7. |
"Krell Vid-Use" |
1:26 |
Notas