Foi o primeiro rei de Arcadia e, entre outras das súas realizacións, ensinou ós seus súbditos a construír chozas e diferenciou as plantas útiles das que non o eran, descubrindo que as landras eran nutritivas [3]. Pausanias dubida que fose o primeiro home porque, nese caso, non tería sobre quen reinar e, aínda máis, afirma que Pelasgo destacaba pola súa forza, estatura e sabiduría, razóns polas que foi elixido rei [4].
Uniuse á oceánideMelibea, filla de Océano, coa que tivo un fillo, Licaón, que o sucedería como rei de Arcadia. Outras fontes din que tivo a Licaón coa ninfaCilene, ou ben con Deianira[5]. Pausanias cita outro fillo de Pelasgo, Témeno, do que os habitantes de Estinfalo din que criou á deusa Hera[6].
Segundo Hixino, Licaón tivo unha filla muller, Calisto. Zeus, transformado en Artemisa, uniuse a ela e enxendrou a Arcas (ou Arcade), de quen procede o nome da terra de Arcadia [7].
Tanto Licaón como os seus cincuenta fillos distinguíronse pola súa impiedade, polo que foron mortos por Zeus. Algúns autores (Hixino, Ovidio ou Pausanias) din que Zeus non o matou senón que o converteu en lobo[8]; e Pausanias engade que Licaón era un home virtuoso que non puido evitar os actos condenables dos seus fillos.
Notas
↑Pseudo-Apolodoro: Biblioteca mitológica II, 1, 1. Di que recolle esta información de Acusilao.