Pedro Rodríguez González, nado en Badaxoz o 22 de xuño de 1944,[1] é un político do Partido Popular e o actual alcalde da cidade de Huelva, entre outros cargos locais e autonómicos.
Traxectoria política
Tras unha carreira como periodista gráfico deportivo moi coñecida no ámbito local accedeu en 1995 á alcaldía do Concello de Huelva, cargo que revalidou con maioría absoluta nas seguintes lexislaturas de 1999, 2003 e 2007 respectivamente. É deputado do parlamento de Andalucía por Huelva desde 1996, presidente do Partido Popular de Huelva até 2008 e vicepresidente do Partido Popular de Andalucía en 1999. Renovou a súa quinta lexislatura nas Eleccións municipais de España de 2011 con 14 concelleiros.[2]
Notas