Pedro Otero

Modelo:BiografíaPedro Otero
Biografía
Actividade
Ocupaciónescritor Editar o valor en Wikidata

Pedro Otero Romero Torres foi un escritor galego do século XVIII.

Traxectoria

Pouco se sabe da vida deste escritor. Sábese que viviu en Padrón e que foi avogado do rei español Filipe V. Entre 1713 e 1735 escribiu unha versión da Crónica de Santa María de Iria, unha crónica medieval, que foi atopada en 2009 na Biblioteca Nacional de España, a canda outros textos menores e documentos xudiciais escritos en lingua española.

Segundo o historiador Antonio López Ferreiro, a obra de Otero Romero Torres constaría de sete volumes, dos que a esta crónica iriense sería unicamente o quinto. Os outros seis están desaparecidos. A Crónica de Pedro Otero é o maior texto en prosa dos Séculos Escuros da literatura galega[1].

Notas

  1. César Lorenzo Gil, O enigma do manuscrito de Padrón, A Nosa Terra, 1382, 19-25 de novembro de 2009.