Pedro Guitián Lista, nado en 1887 e finado en Armuño (Lubre, Bergondo) o 25 de setembro de 1967, foi un político galego.
Traxectoria
Na República foi nomeado fiscal municipal de Bergondo en agosto de 1934.[1] Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi nomeado delegado civil de Bergondo. En outubro de 1937 foi sancionado con 500 pesetas pola Delegación Militar de Orde Pública da Coruña por autorizar un acto público no seu distrito sen ter facultades e por invocar a autorización dunha autoridade sendo falso.[2] Finou na súa casa de Armuño o 25 de setembro de 1967 con 80 anos.[3]
Vida persoal
Casou con Dolores Zapata Monteiro e foi pai de Antonio, Juan e José Guitián Zapata.
Notas
- ↑ El Pueblo Gallego, 23-8-1934, p. 7.
- ↑ La Voz de Galicia, 10-10-1937, p. 6.
- ↑ La Voz de Galicia, 26-9-1967, p. 14.
Véxase tamén
Ligazóns externas