As familias dos Pectinida foron durante moito tempo integradas na orde dos ostreoides (Ostreoida), que comprende as ostras. Pero, en 2010, unha proposta dun novo sistema de clasificación dos bivalvos foi publicada por Bieler, Carter & Coan, incluíndo a orde Pectinida Gray, 1854.[5]
Trátase de bivalvos de cuncha semicircular, xeralmente decorada con costelas radiais (que algunhas veces desenvolven espiñas, especialmente na familia dos espondílidos (Spondylidae).
En xeral, unha valva, a inferior, é case plana, e a outra, a superior, máis avultada.
O manto (ás veces moi vistoso) está bordeado, ao longo da súa apertura, por unha serie de ollos bastante sofisticados, que permiten a moitas especies con capacidade de movemento (como as do xéneroPecten) movérense cara a un lugar seguro ou fuxiren dunha ameaza.
Como a maioría dos bivalvos, estes animais aliméntanse filtrando a auga de mar a través de órganos especializados, da que extraen o plancto, que dirixen cara aos seus estómagos.
↑Matsumoto, M. (2003). "Phylogenetic analysis of the subclass Pteriomorphia (Bivalvia) from mtDNA COI sequences". Molecular Phylogenetics and Evolution27 (3): 429. doi:10.1016/S1055-7903(03)00013-7.
Bieler, R., Carter J. G. & Coan E .V. (2010): "Classification of Bivalve families". En: Bouchet P. & Rocroi J.-P. (2010): "Nomenclator of Bivalve Families". Malacologia52 (2): 1-184.
Bieler, R.; Mikkelsen, P. M.; Collins, T. M.; Glover, E. A.; González, V. L.; Graf, D. L.; Harper, E. M.; Healy, J.; Kawauchi, G. Y.; Sharma, P. P.; Staubach, S.; Strong, E. E.; Taylor, J. D.; Tëmkin, I.; Zardus, J. D.; Clark, S.; Guzmán, A.; McIntyre, E.; Sharp, P. & Giribet, G. (2014): "Investigating the Bivalve Tree of Life – an exemplar-based approach combining molecular and novel morphological characters". Invertebrate Systematics '28 (1): 32-115.