Os países da Bretaña (en lingua bretoaBroioù kozh Breizh) son as subdivisións tradicionais da Bretaña histórica. Trátase dunha estrutura complexa porque os territorios que a compoñen teñen evolucionado e cambiado ó longo da historia. Distínguense dous niveis de país: os países históricos e os países tradicionais. Dende 1999 e a aprobación da lei de orientación pola xestión e o desenvolvemento sostíbel do territorio (LOADDT), tamén se pode engadir o país « Loi Voynet », aínda que agora so ten un carácter administrativo.
Historia
Antes de 1789, a Bretaña foi de xeito simultáneo unha provincia, unha généralité, unha intendencia, unha parte da provincia eclesiástica de Tours, etc. Estas entidades tiñan á súa vez diversas divisións administrativas: os presidios, as senescalías (división xudicial, de 26 a 40 segundo as épocas), as dioceses (división relixiosa, 7 despois 9) etc. Todas estas subdivisións desapareceron trala Revolución Francesa e foron substituídas por unha nova división administrativa única, o departamento.
Países históricos
Os países históricos ou provincias (en bretónbro, en plural broioù) a miúdo son asimilados ós antigos bispados, mais nalgúns fanse lixeiras distincións.[1] As fronteiras dos bispados foran reorganizadas a fin de axeitalos ós novos límites departamentais o 29 de novembro de 1801. Os broioù son nove:[2]
Os países tradicionais (en bretónpaou, en plural peier ou broig, en plural broioùigoù), son subdivisións dos países históricos, aínda que non teñen uns límites fixados. Tamén tiveron funcións diversas ó longo da historia: algúns tiveron un papel administrativo mentres que outros son esencialmente territorios identitarios.[3]
País "Loi Voynet"
Os países de xestión do territorio, ou países «Loi Voynet» foron creados pola lei de dirección da xestión e o desenvolvemento sostíbel do territorio (LOADDT) de 25 de xuño de 1999. Excepto Naoned e Sant-Nazer, que se atopan no departamento do Loira Atlántico e non pertence á actual rexión da Bretaña, todas as cidades importantes da Bretaña son base dun país. Hai 26,[4] das que 21 atópanse na rexión actual da Bretaña.
Outros
Hai outras subdivisións territoriais que levan ou levaron a designación de "país". Por exemplo, ademais de ser un país "Loi Voynet", o país de Morlaix ten a etiqueta de País de Arte e de Historia.