Para outras páxinas con títulos homónimos véxase:
Pazos.
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase:
Arenteiro.
San Salvador de Pazos de Arenteiro é unha parroquia do concello ourensán de Boborás. Sitúase na confluencia dos dous ríos máis coñecidos da comarca, o Avia e o Arenteiro. Segundo o IGE en 2011 tiña 123 habitantes (52 homes e 71 mulleres).
Patrimonio
O topónimo dá conta do gran número de pazos que hai na zona. Outra das construcións emblemáticas do lugar é a ponte da Cruz, de orixe medieval, sobre o río Avia. Malia atoparse medio derruída, aínda permite apreciar o esplendor do que nun tempo foi. Salientable é tamén a igrexa de San Salvador, do século XIII, así como as diferentes rutas de sendeirismo, ou o pozo dos Fumes no río Arenteiro.
Galería de imaxes
-
Portada occidental da igrexa de San Salvador de Pazos de Arenteiro.
-
Portada meridional da igrexa de San Salvador de Pazos de Arenteiro.
-
Ábsida da igrexa de San Salvador de Pazos de Arenteiro.
-
Ponte da Cruz sobre o
río Avia.
-
Percorrido sendeirista polas marxes do río Arenteiro.
-
Carteleira turística sobre o conxunto histórico artístico de Pazos de Arenteiro.
-
Anuncio promocional sobre a recreación da
batalla de Pazos de Arenteiro
Lugares e parroquias
Lugares de Pazos de Arenteiro
Parroquias de Boborás
Notas
Véxase tamén
Outros artigos