O Pazo de Lanzós é unha casa grande situada na rúa Lanzós de Betanzos, fronte á igrexa de Santiago. Actualmente é un establecemento de hostalería.
Descrición
Foi construído no século XVII entre 1620 e 1625. Na fachada hai un balcón, alongado ao exterior suxeito por tres canzóns. Ten porta principal rectilínea, que remata un frontón partido polo brasón do primeiro conde de Maceda.
O edificio mantén a súa estrutura inicial, con pequenas modificacións. Na torre, chamada torre de Lanzós, substituíron as ameas por tellado, taponaron seteiras e abriron novos vans. A cachotería está recuberta de cemento.
Galería
Véxase tamén
Outros artigos