O Pazo de Cela é un pazo de estilo barroco do século XVII situado na parroquia de Cela, no concello coruñés de Cambre, moi achegado á cidade da Coruña. De propiedade privada, no século XXI abre ao público como espazo para a celebración de banquetes de casamento ou bautizos.
Descrición
Edificio
O estilo é predominantemente barroco, cunha planta rectangular e cuberta de tella plana, conta con planta terrea e dous andares. Os muros son de fábrica de cachotaría de granito e cantaría nas contornas dos vans do primeiro andar. Destaca unha escaleira cun patín monumental de perpiaños de granito. Salientan dous escudos a ambos os dous lados da porta principal[1].
Xardinaxe
A quinta, de 6.000 m², áchase amurallada, e conta cun xardín de estilo afrancesado, entre outros elementos de xardín, cun encoro, unha pérgola, un quiosco e un pavillón acristalado onde se celebran os eventos.
En canto á vexetación, conta con sebes de buxos, e diversos exemplares de palmeiras, plátanos, fentos arbóreos, camelias e criptomerias.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas