O Pazo de Armuño é unha construción civil privada situada no lugar de Armuño (Lubre, concello de Bergondo).
Arquitectura
Da construción inicial románica só se conserva a torre orixinal, unha fortaleza con calabozos antigos, moi restaurada. Xunto a ela a vivenda actual de arquitectura xeométrica tradicional galega con varios escudos orixinais anteriores á reforma do século XVIII. Son os escudos dos Figueroa, Bermúdez e Boado, quen foran señores de Armuño.
Está rodeado dunha extensa muralla, e dentro dos muros ten coidados e xeométricos xardíns amais de hortas e prados. Ten edificio vivenda, pombal, capela de planta rectangular[1] e outras construcións.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos