O Pavillón Polideportivo A Malata é un recinto deportivo cuberto sito na Malata (Serantes, no concello de Ferrol), que se dedica á práctica do baloncesto e do fútbol sala. Nel xoga os seus encontros como local o O Parrulo FS, e tamén foi o fogar do desaparecido OAR Ferrol. A capacidade das bancadas é de 4200 persoas, que se reparten en dúas tribunas laterais, xa que o pavillón non ten bancadas de fondo.
Campionato mundial de baloncesto 1986
Inaugurado en 1986, o pavillón foi elixido ese mesmo ano para ser unha das 7 sedes que acolleron o Mundial de baloncesto 1986. Na Malata xogáronse tódolos encontros do Grupo B durante a primeira fase, entre as seleccións de Cuba, Israel, Australia, Angola, Uruguai e a Unión Soviética, que finalmente foi subcampioa do mundo.
Outros eventos
Nos seguintes anos o pavillón acolleu ducias de encontros do OAR Ferrol na Liga ACB, e do O Parrulo FS na Primeira División da LNFS.
Na primeira semana de decembro de 2008 disputouse na Malata o campionato de España de tenis. A final xogouse o 7 de decembro, e nela enfrontáronse Fernando Verdasco e Tommy Robredo, con vitoria do segundo.
En agosto de 2024 acolleu un encontro amigable de fútbol sala entre as seleccións de España e Hungría.
Galería de imaxes
Véxase tamén
Outros artigos
Ligazóns externas