Paula Janza Muñiz

Modelo:BiografíaPaula Janza Muñiz
Biografía
Nacemento12 de maio de 1975 Editar o valor en Wikidata (49 anos)
O Grove, España Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónavogada, política Editar o valor en Wikidata

Paula Janza Muñiz, nada no Grove o 12 de maio de 1975, é unha avogada e política galega.

Traxectoria

Licenciada en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela. Foi presidenta de Novas Xeracións do Grove, presidenta local do PPdeG, vicesecretaria xeral de Organización de Novas Xeracións de Galicia e membro do Comité Executivo Rexional do Partido Popular de Galicia. Nas eleccións municipais de 1999 foi elixida concelleira do Grove, e ocupou o cargo de tenente de alcalde. Foi deputada do Parlamento de Galicia dende o 18 de xuño de 2002, substituíndo a María Martín Alonso. Traballou para conseguir compromisarios para Xosé Cuíña. A principios de 2006 anunciou o seu abandono da política.[1]

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas